O trofeo disputarase o sábado 4 de setembro no Campo Municipal local
O sábado 4 de setembro disputarase unha nova edición do trofeo de fútbol “Concello da Laracha”. Unha cita tradicional do verán no termo municipal e da pretemporada para os clubs federados que regresa despois de que non puidese celebrarse o ano pasado.
Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, o torneo terá un formato triangular. Contará coa participación dos equipos sénior dos tres clubs de fútbol federados que existen no Concello: Laracha C.F., U.D. Paiosaco e Club do Mar de Caión.
Trala reunión mantida entre representantes do Concello e os presidentes das tres entidades, foi consensuado o regulamento da competición. Tamén, os horarios dos tres encontros de 45 minutos de duración cada un, que quedan fixados do seguinte modo:
- 18:00 h: Club do Mar de Caión – Laracha C.F.
- 19:00 h: U.D. Paiosaco – Club do Mar de Caión
- 20:00 h: Laracha C.F. – U.D. Paiosaco
A entrada para o público será gratuíta, pero requiríndose aos asistentes achegar os seus datos persoais cubrindo un formulario. O memo estará dispoñible desde mañá, sábado 20 de agosto, na web municipal www.alaracha.gal. Tamén, usar a máscara facial durante a súa presenza no Campo Municipal da Laracha.
