A Conferencia Noroeste de Billarda despide o ano con un torneo en A Laracha
Para despedir o ano a Conferencia Noroeste organiza por quinto ano consecutivo o Torneo Aberto de Billarda (TAB) en Paiosaco. O campo da feira reunirá aos deportistas mañá 31 de decembro a las 11:00 horas. Se chove xogarase no pavillón do IES Agra de Leborís. Continuando coa estratexia de promoción deste deporte, a Asociación Campo da Feira, coa colaboracion do Concello da Laracha, organiza a competición. Participarán los equipos agrupados no Noroeste para «darlle outro empurron aesta actividade que cada día ten mais participantes», afirman. A ultima hora de onte había notificado a sua presencia distintos palanadores e palanadoras. Lembramos que o gañador do pasado ano foi Eduardo García. Desde a organización piden forzar de xeito persoal as medidas sanitarias anticovid.