Icono del sitio El Diario de A Laracha

A Primavera Teatral regresa a Paiosaco en abril

Auditorio sociocultural de Paiosaco

Primavera Teatral en Paiosaco en abril

Chola, a IT girl, Go On!e Mostellaria son as pezas que forman o programa no centro sociocultural de Paiosaco

O Concello presenta o programa da décima edición do ciclo de teatro de Paiosaco. A Primavera Teatral, afianzada como un dos grandes referentes da programación cultural municipal, desenvolverase ao longo do mes de abril. Será no auditorio do centro sociocultural desa localidade e constará de tres espectáculos. En todo caso, a celebración do programa e as condicións de acceso estarán suxeitas a posibles cambios. Dependerá da situación epidemiolóxica e das medidas sanitarias e sociais que poidan establecer as autoridades competentes.

A día de hoxe a situación sanitaria limita a asistencia de público ao trinta por cento do aforo do auditorio do centro sociocultural da Porta Santa. Ademáis, estipula a obrigatoriedade de que as persoas que ocupen o patio de butacas permanezan coa máscara posta durante toda a función. Debido á limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno, as obras comezarán ás 20:00 horas.

Días e obras

Todas as funcións serán con entrada gratuíta por orde de chegada e ata completar o aforo máximo permitido. Colabora co Concello na organización da Primavera Teatral de Paiosaco a Deputación da Coruña.

Programa completo de Primavera Teatral
Salir de la versión móvil