O alumnado dos CEIPS de Caión e Alfredo Brañas de Paiosacodo participan da formación na praia
O alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP de Caión desprazouse hoxe ata a praia desa mesma localidade para participar no programa Aprende a Través do Surfing. A actividade é promovida pola Federación Española de Surfing e a asociación Surf And Clean. Conta, ademáis co apoiado pola Deputación da Coruña e polo Concello da Laracha. O enseñanza é impartida en diferentes municipios da Costa da Morte por cinco escolas de surf galegas.
Os obxectivos de Aprende a Través do Surfing son propoñer este deporte como ferramenta educativa, vivir os seus valores e crear cultura acuática. O programa está dividido en tres fases, comezando coa creación da comunidade implicando ás administracións como o Concello da Laracha, aos colexios e ás escolas de surfing.
Proposta educativa
A continuación lévase a cabo a proposta educativa, que inclúe a realización de módulos en liña a través de internet e actividades tanto nos centros de ensino como, posteriormente, na praia. Todas elas desenvólvense durante o horario lectivo. Precisamente esta última parte foi a realizada hoxe polo alumnado do CEIP de Caión, momento no que recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Deportes, Patricia Bello. Os participantes do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco xa tiveron a correspondente sesión formativa no seu colexio e acudirán á actividade na praia nos próximos días.
A última fase consiste na mellora das relacións persoais co medio natural, co mar e co resto dos usuarios da praia poñendo en práctica a aprendizaxe adquirida. Desde o Concello da Laracha apóiase a iniciativa considerando que é unha oportunidade para que os rapaces poidan iniciarse na práctica do surf e, ao mesmo tempo, tomen conciencia da importancia de conservar os espazos acuáticos e respectar o medio ambiente.