O grupo municipal da Laracha leva ao Pleno do vernes unha moción encamiñada a paliar as consecuencias da subas dos prezos
«Buscamos o acordo da Corporación para demandar medidas da Xunta de Galiza e do Estado encamiñadas a paliar as consecuencias das elevadísimas subas dos prezos. Falamos da electricidade, o gas, os carburantes, etc.», explica Xoán Sande, portavoz de Bng Laracha.
«Diante da crítica situación económica que moitas persoas están a sofrer no noso país, levaremos ao Pleno da Corporación unha moción na que consideramos urxente para adoptar medidas»,engade. É necesario «para que a maioría da xente poida vivir dignamente. Para que a xente do mar poida saír a facer o seu traballo, para que as gandeiras e gandeiros poidan traballar cun mínimo de beneficios», destaca Sande. Adxuntamos o texto da moción presentada por la concelleira Carolina Castiñeiras. A mesma, será debatida o vindeiro venres día 25 de marzo no Pleno Ordinario da Corporación.