Ambos servizos estarán en funcionamento nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo
O Concello abrió onte a inscrición para os dous servizos de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se prestarán a través do Programa Harmoniza durante as vacacións de Nadal. Lembramos que este programa foi recentemente galardonado na Gala Alas en tus Pies na categoría Conciliación.
Ambos programas poranse en marcha entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo da Laracha. Irán dirixidos a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos cuxos proxenitores xustifiquen a necesidade do servizo.
- Madrugadores estará en funcionamento de luns a venres en horario de 7:00 a 9:00 horas. Ademais da atención dos usuarios a cargo de persoal especializado, este programa tamén inclúe o almorzo.
- A aula lúdica abrirá a continuación, entre as 9:00 e as 14:00 horas. Neste caso o servizo é gratuíto e inclúe a atención e a realización de actividades lúdicas, educativas e recreativas.
As persoas interesadas en beneficiarse destes servizos deben solicitalo acudindo ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha. O prazo remata o 14 de decembro. En ambos casos as prazas son limitadas.