Os «Rueiros da Vila» desenvolveranse en tres escenarios para sacarlle o máximo partido aos diferentes espazos existentes en Caión
En torno a Romaría dos Milagres de Caión, o Concello da Laracha organiza unha ampla programación cultural que se levará a cabo baixo o título «Rueiros da Vila». Incluirá diversas actividades de diferentes temáticas e dirixidas a todos os públicos. Este programa foi presentado polo alcalde, José Manuel López Varela, nun acto celebrado na oficina de turismo de Caión. (Ver debaixo a progración completa).
Lembramos que a Romaría dos Milagres de Caión, festa catalogada de interese turístico de Galicia, celebrarase este mércores, 8 de setembro, día que precisamente por ese motivo é festivo local no termo municipal da Laracha.
Espazos naturais e arquitectónicos
«Rueiros da vila» realizarase ao longo de cinco días, do 8 ao 12 de setembro, en tres escenarios diferentes. O propósito é sacarlle o máximo partido aos espazos existentes en Caión. Así, contarase co escenario Salseiras (zona verde xunto ao acceso principal á praia), Rueiro das Figueiras (Praza Virxe dos Milagres) e Patio (finca situada entre a igrexa parroquial e o paseo marítimo).
O alcalde considera que esta novidosa programación é “de alta calidade e adaptada ás circunstancia actuais”. Por eiso, agarda teña “unha boa acollida entre a veciñanza e tamén entre os visitantes, axudando a impulsar a actividade económica e a promoción turística». A iniciativa ten o seu propio perfil nas redes sociais Facebook, Youtube e Instagram (@rueirosdavilacaion) nos que se ofrecerá información puntual sobre os eventos que se desenvolverán.
O programa das cinco xornadas
- Mércores 8
- Concerto: Battosai. 13:00 h. Escenario Salseiras.
- Espectáculo infantil e familiar: Circo Crunch de Muu! 19:30 h. Escenario Salseiras.
- Concerto: Matthew Ward. 19:30 h. Escenario Rueiro das Figueiras.
- Xoves 9
- Concerto: Superfuzz. 13:00 h. Escenario Salseiras.
- Contacontos infantil con Charo Pita. 18:00 h. Escenario Rueiro das Figueiras.
- Concerto: Músculo! 21:00 h. Escenario Salseiras.
- Venres 10
- Xornada de cultura urbana. 17:00 h. Escenario Salseiras.
- Concerto: María Goris Trío. 19:30 h. Escenario Rueiro das Figueiras.
- Sábado 11
- Concerto: Dani Stoyka. 13:00 h. Escenario Salseiras.
- Actuación da Asociación Cultural Arume de Caión. 19:00 h. Escenario Salseiras.
- Concerto: Ailá. 21:00 h. Escenario Patio.
- Domingo 12
- Concerto: Pakolas. 13:00 h. Escenario Salseiras.
- Concerto: Sheila Patricia. 21:00 h. Escenario Patio.