domingo, julio 13, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Sociedad

O Psoe da Laracha aposta pola creación dun rexistro de empresas

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
mayo 24, 2021
in Sociedad
0
Palomi Rodríguez Psoe Laracha

Palomi Rodríguez leva ao Pleno de maio crear un rexistro de empresas e autónomos da Laracha

0
COMPARTIDA
95
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O rexistro de pequenas e medianas empresa e de persoas autónomas é para futuras contratacións

O Partido Socialista da Laracha leva ao pleno de maio una moción para crear o rexistro de empresas, pequenas e medianas e persoas autónomas do Concello da Laracha. «Neste poderían inscribirse as empresas interesadas con carácter facultativo, sen que en ningún caso poida resultar tal esixencia como obrigatoria. Igualmente é para establecer criterios de simplificación de trámites, evitando repeticións de acreditación documental innecesaria nos distintos contratos que se
liciten», di Palomi Rodríguez, voceira do grupo no Concello da Laracha.

A intención é acordar no proximo pleno:

  • Instar ao Goberno Municipal á creación dun rexistro municipal de empresas, Pemes e persoas autónomas co seu regulamento de funcionamento, ordenado polas diferentes áreas e cos requisitos oportunos para que calquera que os cumpra poida formar parte do mesmo.
  • Instar ao Goberno Municipal para que se dea publicidade e se creen as vías de comunicación oportunas para difundir este rexistro, posibilitando que toda empresa, Peme ou autónomo/a local que así o desexe poida formar parte deste rexistro sempre e cando cumpra os requisitos de dito regulamento de acordo co legalmente establecido.
  • Unha vez elaborado o rexistro municipal antes mencionado, as empresas, pemes e persoas autónomas que así o desexen teranse en conta para a adxudicación de contratos menores dentro das posibilidades que dá a nova Lei 9/2017 do 8 de novembro de Contratación do Sector Público.

Encontros con entidades deportivas e culturais

Por outra banda, os socialistas da Laracha está a manter unha rolda de encontros coas diferentes entidades deportivas e culturais do municipio para coñecer de
primeira man as necesidades das entidades. Reuniuse con Juan José Fuentes, presidente do Laracha CF para coñecer, de primeira man, as necesidades desta entidade deportiva e os seus proxectos de futuro

O Laracha CF, unha entidade moi arraigada, mobiliza, desde a chegada da nova directiva, en setembro do 2020, a case un centenar de familias. Os clubs deportivos formativos, víronse enormemente afectados pola pandemia do COVID-19, sufrindo unha notable caída de ingresos, e precisan, nestes intres, un incremento das subvencións así como unha aposta polo mantemento e mellora das instalacións deportivas municipais.

Tags: Concello de LarachaNoticias de LarachaPaiosaco
⬅ Noticia Anterior

O Bng da Laracha leva a pleno autovías e peaxes

Siguiente Noticia ➡️

Suplemento de crédito para financiar plans de axuda ao comercio da Laracha

Siguiente Noticia ➡️
ACSIL asociación de A Laracha

Suplemento de crédito para financiar plans de axuda ao comercio da Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil