Icono del sitio El Diario de A Laracha

Proxecto de creación da área de recreo canino

José Manuel López Varela e Jesús Souto, mantiveron unha xuntanza no futuro recreo canino, co responsable da empresa contratista

Será habilitada unha parcela municipal situada nas avenidas Manuel Fraga e Bos Aires para recreo canino

As obras de creación dunha área de recreo canino no núcleo da Laracha comezarán a executarse nunha parcela de titularidade municipal. Está situada na confluencia das avenidas Bos Aires e Manuel Fraga. O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro das áreas de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, mantiveron unha xuntanza co responsable da empresa contratista.

Deste xeito, o Concello da Laracha promove esta iniciativa ante o notable incremento de cans de compañía existentes nas zonas urbanas. O obxectivo é que as mascotas teñan á súa disposición un espazo público para que poidan xogar, realizar exercicios e favorecer a socialización. Lembrar que a parcela presenta unha superficie duns 1.300 metros cadrados integrada no entorno urbano no que se sitúa. Será dividida en varios espazos adaptados ás necesidades das diferentes razas de cans. Cada un deles disporá de elementos e xogos nos que os animais poderán interactuar con outros cans.

Características

No acceso ao recinto contará con dobre porta e un valado perimetral co obxectivo de evitar que os cans poidan escapar. Tamén con marquesiña con banco, unha fonte, un dispensador de bolsas e un contedor de excrementos.

As diferentes áreas estarán valadas perimentralmente, presentarán diferenzas de releve e serán de gran superficie. Contarán con zonas de prado, area e con recorridos con diversidade de xogos para os cans. Ademáis, se contempla habilitar espazos reservados para as razas pequenas ou cans que presenten algún tipo de problema para evitar conflitos co resto.

Así mesmo, os equipamentos do recinto completarase cunha ducha de arco e bebedeiros de auga potable para os cans. O proxecto suporá un investimento próximo aos 35.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais.

Salir de la versión móvil