Os campos de fútbol e os pavillóns volven a estar a disposición dos clubs e as bibliotecas reabren o luns
Ao longo do día de hoxe reabren os parques infantís e os circuítos biosaudables. Permitirase o uso destes equipamentos, pero respectando a capacidade máxima e o distanciamento interpersoal por parte dos usuarios. Pola súa parta, as bibliotecas da Laracha, Paiosaco e Caión volverán abrir o luns nos seus horarios habituais. Pero cun aforo máximo do trinta por cento da capacidade.
As medidas foron tomadas hoxe na comisión que realiza o seguimento da situación epidemiolóxica na Laracha, composta por representantes dos diferentes departamentos municipais. Na oportunidade consensuaron as medidas a levar a cabo ante a relaxación en determinadas restricións anunciada pola Xunta de Galicia nesta semana.
Así, o Concello xa se puxo en contacto con todos os clubs das diferentes modalidades deportivas que teñen competición federada de ámbito autonómico. Ponen á súa disposición os campos de fútbol e os pavillóns polideportivos municipais. E tamén o regreso da actividade, sempre cumprindo cos protocolos de seguridade establecidos.
Feira de Paiosaco
Non haberá variacións na feira de Paiosaco deste domingo, que continuará celebrándose permitindo aos comerciantes ocupar, como máximo, a metade do espazo habitual dos postos de venda.