Icono del sitio El Diario de A Laracha

Inician campaña de trampeo de raíñas de avespa velutina

raíñas de avespa velutina

Trampeo para raíña da avespa velutina no xardín do Concello da Laracha

Na primavera as raíñas comezan a formar os niños, polo que debe realizarse un maior esforzo para capturalas

O Concello da Laracha, coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil local, combate a expansión da avespa velutina coa captura das raíñas. Serán colocadas máis de medio centenar de trampas en zonas públicas estratégicas das trece parroquias que conforman o termo municipal. Así, o Concello iniciou a campaña de trampeo que leva a cabo cada ano nas datas previas ao comezo da primavera. É a época nas que as raíñas fundadoras comezan a formar os niños. Por tanto, debe realizarse un maior esforzo para evitar o xurdimento de novas colonias.

Ademáis, a colaboración cidadá é esencial. Por iso, o Concello pon de xeito gratuíto a disposición da veciñanza -en especial dos apicultores- un lote formato por dúas trampas para colocar nas súas fincas e dous litros de líquido atraínte. Para poder acceder a este material deberase cubrir o formulario dispoñible na web municipal www.alaracha.gal e comprometerse a ofrecer información ao Concello sobre o número de raíñas capturadas. O obxetivo é controlar a evolución e coñecer os lugares nos que hai un maior número delas. Cabe lembrar que no caso de detectarse un niño de avespa velutina é preciso poñelo en coñecemento da Xunta de Galicia chamando ao teléfono 012 para, posteriormente, proceder á súa eliminación.

Protección Civil da Laracha colabora co captura de raíña de avespa velutina
Salir de la versión móvil