jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Sociedad

Campus de fútbol do programa municipal de verán

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
julio 5, 2021
in Sociedad
0
programa de actividades de verano en A Laracha

O Campo A Porta Santa de Paiosaco acolle o programa de verán

0
COMPARTIDA
90
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O prazo de inscrición ao programa permanece aberto en gran parte das propostas infantís e xuvenís

A primeira das propostas incluídas no programa municipal de verán de actividades culturais e deportivas xa está en marcha. Hoxe, comezou a desenvolverse o campus de fútbol que se leva a cabo por décimo terceira vez. Os sesenta participantes foron divididos por grupos de idade. Os de cinco a dez anos realizaron a actividade no Campo Municipal da Laracha e os de once a dezaseis anos, no Campo A Porta Santa de Paiosaco. En ambos casos, o campus terá lugar a diario ata o venres en horario de 10:30 a 13:30 horas.

O Concello asume integramente os gastos da actividade, polo que a inscrición foi gratuíta para os participantes. Todos eles están a realizar, baixo a supervisión de técnicos e monitores especializados, diferentes exercicios lúdico-deportivos. Sempre coa práctica do fútbol como marco referente. Ademais de divertirse, os rapaces poden mellorar as súas calidades físicas, técnicas e tácticas. Hoxe os nenos e os monitores recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e das concelleiros Rocío López e Pablo Cambón.

Outras actividades

Lembramos que o prazo de inscrición permanece aberto na maior parte das actividades do programa de verán. Soamente están pechados en aquelas que teñen todas as prazas outorgadas por orde de inscrición cubertas e no campamento summer camp. As prazas dispoñibles serán adxudicadas no sorteo público que se realizará este mércores ás 12:00 horas na Casa da Cultura da Laracha.

Tanto acudindo ao Concello como cubrindo o formulario dispoñible na web municipal as persoas interesadas aínda poden apuntarse a actividades infantís:

  • Campus de baloncesto (26 ao 30 de xullo no pavillón Municipal da Laracha)
  • Humor Amarelo na Coruña (14 de xullo)
  • Inchable banana acuática en Gandarío (3 de agosto)
  • Visita ao museo etnolúdico de Ponteceso (20 de agosto)

Para o público xuvenil e a adulto aínda hai prazas dispoñibles en todas as actividades:

  • Barranquismo no río Almofrei (5 de agosto)
  • Kaiak e paddle surf en Gandarío (12 de agosto)
  • Humor Amarelo na Coruña (17 de agosto)
  • Surf en Caión (26 de agosto)
  • Obradoiros de beatbox, breakdance e freestyle football que terán lugar o 10 de setembro na Laracha durante a celebración da xornada de cultura urbana
actividades en A Laracha
Os nenos e os monitores recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e das concelleiros Rocío López e Pablo Cambón.
Tags: Concello de LarachaNoticias de LarachaPaiosaco
⬅ Noticia Anterior

Melloras na rede viaria de Vilaño e Cabovilaño

Siguiente Noticia ➡️

Obras de creación da área de recreo canino

Siguiente Noticia ➡️
área recreo canino en el Concello de Laracha

Obras de creación da área de recreo canino

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil