sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Sociedad

Arranca o programa de Nadal na Laracha

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
diciembre 10, 2022
in Sociedad
0
programa nadal municipal laracha

O luns 12 de decembro abrirase a inscrición en tres das actividades infantís e xuvenís nas que se require a reserva de praza por seren limitadas

0
COMPARTIDA
168
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O programa de Nadal está copado por propostas para o público infantil, xuvenil e familiar.


O Concello da Laracha presentou a programación municipal de Nadal. Como todos os anos os obxectivos son varios:

  • fomentar o espírito do Nadal entre a veciñanza
  • ofrecer alternativas de ocio con especial atención ao público infantil, xuvenil e familiar para facilitar a conciliación
  • e apoiar economicamente tanto ao comercio local como ás asociacións culturais e coros parroquiais, por medio dos certames de escaparates e de panxoliñas

Actividades para colexios no programa de Nadal

O venres 16, luns 19 e martes 20 haberá teatro infantil na Casa da Cultura en horario lectivo con Carabela, da compañía Galeatro, unha historia de Paula Carballeira interpretada por Alba Bermúdez, Davide González e Tone Martínez cuxa mensaxe é o coidado do medio ambiente. Durante os tres días haberá dous pases que principiarán ás 10:00 e ás 12:00 horas. En total asistirán preto de
800 alumnos dos CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión.

Programa Municipal de Nadal

O xoves 15 a partir das 11:00 horas realizarase na biblioteca da Laracha a cualificación dos concursos de contos e postais, tamén dirixidos ao alumnado dos centros educativos.

Os outros certames de Nadal son:

  • o de panxoliñas “María Angeriz Tuset», programado para o venres 30 a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura
  • e o de escaparates, no que se repartirán un total de 1.900 euros en premios, estando o prazo de inscrición aberto ata o 25 de decembro

A iluminación de Nadal nas vilas da Laracha Paiosaco e Caión permanecerá activa ata o día 6 de xaneiro. Neste sentido, a Praza do
Concello foi decorada cun poboado que será protagonista dunha das actividades coa presenza nel de Papá Noel os días 22 e 23 de decembro entre as 17:00 e as 19:30 horas.

Actividades con inscrición requirida

O luns 12 de decembro abrirase a inscrición en tres das actividades infantís e xuvenís nas que se require a reserva de praza por seren limitadas. Poderase facer de xeito gratuíto cubrindo o formulario en liña a través da web e redes sociais municipais, ou ben acudindo ao Concello.

Unha delas é o obradoiro infantil de cupcakes e galletas de Nadal que se realizará en tres quendas os días 27 (alumnos de infantil), 28 e 29 (alumnos de primaria) en horario de 11:00 a 13:00 h na Casa da Cultura da Laracha.

Para o público xuvenil (maiores de 12 anos) van dirixidas as actividades de realidade virtual (martes 27 no baixo da biblioteca da Laracha de 17:00 a 20:00 h) e a saída ao escape room Clue Hunter da Coruña (martes 3 de xaneiro, con saída da Praza do Concello ás 17:30 h e regreso ás 20:30 h).

Eventos para o público infantil e familiar

Como propostas dirixidas a todos os públicos, en especial ao infantil e familiar, inclúense as seguintes, todas elas con entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade máxima das salas:

  • 26 de decembro. Espectáculo infantil-familiar: O castiñeiro do Apalpador, de Fantoches Baj, no centro sociocomunitario de Caión ás 17:30 h.
  • 28 de decembro. Espectáculo infantil-familiar: Os fabulosos Cleaners, de Malasombra Producións, na Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.
  • 29 de decembro. Espectáculo de maxia con David Maestro: A viaxe máxica, no centro sociocultural de Paiosaco, ás 17:30 h.
  • 30 de decembro. Teatro infantil-familiar: Fazulas e o ladrón de paraugas, de Bandullo Azul, na Casa da Cultura da Laracha ás 12:00 h.
  • 2 de xaneiro. Cine infantil: Valentina, na Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.
  • Cabalgata dos Reis Magos
    • A cabalgata dos Reis Magos pechará as festas do Nadal e tamén o programa de actividades do Concello. Do mesmo xeito que nos últimos anos, realizarase un percorrido por todas as parroquias do municipio os días 4 e 5 de xaneiro.
    • O día 5, trala cabalgata, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao pavillón do IES Agra de Leborís, onde os nenos están convidados a agardar polas Súas Maxestades desfrutando dunha festa infantil.
Tags: laracha noticiasNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

"A letra do Reino", a nova tipografía galega

Siguiente Noticia ➡️

Concello e Xunta cofinancian a ampliación do punto limpo

Siguiente Noticia ➡️
puntos limpos laracha

Concello e Xunta cofinancian a ampliación do punto limpo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil