O programa municipal de conciliación convoca para o curso 2022-2023
O Concello abrió a inscrición para solicitar praza no servizo de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se prestará a través do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha. A convocatoria é para o próximo curso escolar 2022-2023. Ofértase ao alumnado matriculado nos colexios CEIP Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión para todos os días lectivos a partir das 7:00 horas e ata o inicio da actividade no centro de ensino correspondente.
Segundo as necesidades de conciliación de cada usuario, ofrécense dúas modalidades no servizo:
- todo o curso escolar (coa posibilidade de escoller mes completo ou días soltos)
- utilización do servizo ocasionalmente
En todos os casos existen as opcións con e sen almorzo. Os servizos básicos son os de acollida, coidado, vixilancia e realización de actividades educativas e lúdicas a cargo de profesionais especializados.
Prazas limitadas e ata o 31 de agosto
As prazas son limitadas e terán prioridade as persoas que xustifiquen a necesidade da conciliación atendendo a circunstancias laborais e sociofamiliares. Tamén poderán beneficiarse de bonificacións no prezo xeral do servizo. O mesmo, poderá solicitarse ata o 31 de agosto, data a partir da que poderán seguir presentándose instancias, pero pasando á lista de agarda no suposto de que xa estivesen adxudicadas todas as prazas dispoñibles.
Conciliación
O Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha ten como obxectivo responder ás necesidades das familias derivadas das dificultades para poder compatibilizar os seus horarios laborais cos escolares dos seus fillos. O servizo posibilita a atención dos menores por persoal cualificado nos propios colexios antes do inicio das clases, desde as 7:00 horas. Alí realizan actividades lúdicas e educativas, tendo a opción de recibir un almorzo equilibrado. A normativa da aula lúdica e os modelos de inscrición en ambos servizos están dispoñibles na web municipal.