Icono del sitio El Diario de A Laracha

Turismo, espazos naturais e vida saudable en «A Laracha Activa»

"A Laracha Activa" turismo y salud

Presentación do proxecto "A Laracha Activa" na Casa da Cultura

«A Laracha Activa» inclúe sete rutas de senderismo e bicicleta de montaña

O alcalde, José Manuel López Varela, presentou este mediodía o programa «A Laracha Activa». A iniciativa é promovida polo Concello inclúe sete rutas para realizar a pé ou en bicicleta de montaña, Ademáis, poderán realizarse de forma autoguiada a través da aplicación para smartphones Wikiloc.

O rexedor municipal explicou que o proxecto foi posible grazas á coordinación entre os departamentos de Turismo, Deporte e Cultura. De feito, puxo de manifesto que os propósitos son “dinamizar o sector turístico modernizando a oferta municipal empregando as novas tecnoloxías». Así mesmo,faló do valor aproveitar o potencial «dos fermosos espazos naturais que temos no Concello». «A Laracha Activa» impulsa tamén os estilos de vida saudables a través da práctica da actividade física.

Os sete itinerarios propostos

Colaboración para facelo realidade

Na presentación, o alcalde lembrou que todas estas rutas xa se realizaron nos últimos anos a través de programas municipais con gran éxito de participación. Agora facilítase a posibilidade de que calquera persoa, turistas e laracheses, poida facelas de xeito independente. Neste punto agradeceu tanto ao club ciclista Laracha en Dúas Rodas como de xeito individual a Abel Matos e Anxo García pola colaboración..

Pola súa parte, Guti Martín, da empresa Sherpa Project que planificou e deseñou «A Laracha Activa», referiuse a esta iniciativa como un “programa aberto”. A proposta agarda, sumar máis rutas durante os próximos anos. De feito, explicou que o logotipo ten trece frechas precisamente para simbolizar as trece parroquias do termo municipal. As sete rutas presentadas hoxe xa están dispoñibles en Wikiloc e tamén terán un apartado específico na web municipal de turismo. Ademais, o Concello editou folletos informativos que están a disposición da cidadanía na Casa Consistorial e na oficina de turismo de Caión.

Inicio da presentación na Casa da Cultura da Laracha
A presentación contó coa presencia de representantes do Psoe e Bng local e entidades especialistas en senderismo e natureza
Salir de la versión móvil