Condutas non cívicas como pintadas e grafitis perxudican a espazos públicos da Laracha
O Concello da Laracha mostra a súa preocupación tras detectarse nas últimas semanas un repunte de pintadas e grafitis na vía pública. A acción implican danos importantes en edificios, instalacións e mobiliario urbano e un deterioro da imaxe do municipio.
Este tipo de actos vandálicos estanse a rexistrar en numerosos puntos do concello. Con especial incidencia nos núcleos urbanos e, principalmente, na capital municipal. Afectan tanto a muros e fachadas de inmobles de titularidade privada en zonas residenciais como a edificios e equipamentos públicos. A infraestrutura máis danada é a fachada exterior da biblioteca municipal da Laracha, cuxa superficie é de pedra, o que dificulta a eliminación das pintadas. Pero tamén as marquesiñas do transporte público, os parques infantís e o paseo fluvial do Anllóns e o seu entorno.
A Policía Local solicita a colaboración cidadá co propósito de identificar aos responsables da realización de grafitis. Actos que están prohibidos expresamente na ordenanza municipal de promoción das condutas cívicas e protección dos espazos públicos. A infracción desta normativa implica sancións económicas de ata 3.000 euros, ademais de asumir a persoa responsable os gastos da eliminación da pintada.