A Laracha promove un plan de renovación dos parques infantís do Concello.
Así o Concello promove un Plan que afectará aos parques infantís situados na Praza do Concello, praza O Recreo, parque Maximino Canedo e A Insua de Caión.
Neste sentido, a iniciativa comezou coa elaboración dunha auditoría. O obxetivo foi para coñecer o estado actual dos parques, determinar as necesidades que presentan e en cales é prioritario actuar.
Deste xeito, en base a dita auditoría, redactouse o proxecto. Dito proxecto está valorado en 50.000 euros. Estes cartos inclúen intervencións en catro localizacións diferentes: tres delas no núcleo urbano da Laracha, en concreto nos parques infantís da Praza do Concello, da praza O Recreo e do parque Maximino Canedo, e a outra en Caión, no parque situado na zona da Insua xunto ao colexio.
Ademais en todos os casos inclúese a substitución do actual pavimento de lousas de caucho por outro continuo de absorción de choques. Trátase de mitigar o impacto ante posibles caídas dos nenos. Tamén se realizarán as oportunas reparacións nos xogos.
Aclarar que en Xunta de Goberno Local acordouse solicitar o cofinanciamento deste proxecto con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental que convoca a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.