sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Sociedad

Novos proxectos de obradoiros de emprego

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
febrero 25, 2021
in Sociedad
0
proxectos de empleo A Laracha

Concello da Laracha

0
COMPARTIDA
178
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Na Xunta de Goberno Local acordou presentar á Xunta os proxectos de obradoiros de emprego. Tamén acordaron incluír o Plan de Mellora de Camiños de acceso a parcelas agrícolas

O Concello da Laracha continúa apostando pola organización de obradoiros de emprego. Considera a mellor das oportunidades para alcanzar o triplo obxectivo de crear postos de traballo, mellorar a formación profesional e realizar obras e actuacións de interese xeral.

Na Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordouse presentar á Consellería de Emprego e Igualdade dous novos proxectos. Os obradoiros de emprego están ao abeiro das convocatorias de axudas para o desenvolvemento deste tipo de programas.

Un deles sería o sétimo dual que organizaría en solitario o Concello da Laracha. Constaría de dúas especialidade, a de pintura industrial en construción e a de atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais. O proxecto prevé a participación de vinte alumnos traballadores durante nove meses. Está valorado nun total de 345.000 euros.

O outro proxecto trátase dun obradoiro de emprego xuvenil (dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos de idade que figuren no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil). Tamén constaría de dúas especialidades, a de montaxe de mobles e elementos de carpintería e a de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes encargaríase. Os traballos a realizar estarían centrados na posta en valor do castro de Montes Claros, É, Ademáis, na renovación do mobiliario urbano e a construción dunha caseta móbil para o equipo de salvamento e socorrismo que presta servizo cada verán en Caión. O número de alumnos traballadores sería de vinte e a duración do programa, de doce meses. O orzamento para o obradoiro de emprego supera os 552.000 euros.

Plan de mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas

Na Xunta de Goberno Local tamén se definiron as actuacións que o Concello incluirá no Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. Está impulsado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (DOG núm. 19 do 29 de xaneiro).

Con cargo a este programa o Concello percibirá 61.509 euros para cofinanciar un amplo proxecto valorado en preto de 74.000 euros. Inclúe catro intervencións diferenciadas en vías municipais que discorren por A Ferreira (parroquias de Montemaior e Soandres), San Fins de Arriba en dirección á estrada CP-2404 (Montemaior), entre A Costa e Tuixe de Abaixo (parroquias de Cabovilaño e Lemaio) e unha última intervención que daría continuidade á anterior nunha vía de Tuixe de Abaixo. Os camiños onde se levarán a cabo as actuacións dan acceso a un gran número de parcelas agrícolas. As obras proxectadas teñen por finalidade mellorar o firme e a drenaxe, facilitar a circulación e aumentar a seguridade viaria.

Programa municipal de subvenciones

Autorizouse o pagamento de 29.400 euros en axudas do programa municipal de subvencións para o fomento do emprego mediante o impulso da actividade económica para paliar os efectos da Covid-19. Está dirixida a empresarios e autónomos do termo municipal da Laracha que foran obrigados a suspender a apertura ao público. Tamén a quen sufrira minoración da súa facturación debido ao decreto do estado de alarma. Deste xeito dáse por concluído o programa a través do que o Concello aboou un total de 129.300 euros en axudas a 159 beneficiarios. Dependendo do número de traballadores da empresa, percibiron entre 600 e 2.100 euros. Agora terán de prazo ata o 20 de marzo para xustificar estas achegas municipais.

Tags: CaiónNoticias de LarachaPaiosaco
⬅ Noticia Anterior

Ampliación do Centro de Día e Fogar Residencial

Siguiente Noticia ➡️

O luns reabrirá o complexo deportivo da piscina municipal

Siguiente Noticia ➡️
Piscina municipal Laracha nova normalidade

O luns reabrirá o complexo deportivo da piscina municipal

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil