sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Sociedad

O novo presidente da Xunta nomea ao seu Goberno

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
mayo 15, 2022
in Sociedad
0
novo goberno galego

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asina o decreto de formación do Goberno galego. Pazo de Raxoi. 15/05/22

0
COMPARTIDA
56
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Continuarán os titulares de todos os departamentos da Xunta, coa incorporación na Vicepresidencia segunda de Diego Calvo Pouso

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, asinou hoxe o decreto polo que se establece a estrutura dos órganos de Goberno da Xunta e que se publicará mañá no Diario Oficial de Galicia.

O novo Goberno galego manterá a estrutura de dúas vicepresidencias – a Vicepresidencia primeira será agora a económica – e nove consellerías, pero incorpora algunhas modificacións na configuración dos departamentos. Continuarán, ademais, os titulares de todas as consellerías, coa incorporación na Vicepresidencia segunda de Diego Calvo. Así, a estrutura da nova Xunta estará conformada do seguinte modo e coa seguinte orde de prelación:

  • Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: Francisco Conde López
  • Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: Diego Calvo Pouso
  • Consellería de Facenda e Administración Pública: Miguel Corgos López-Prado
  • Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: Ángeles Vázquez Mejuto
  • Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: Ethel Vázquez Mourelle
  • Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: Román Rodríguez González
  • Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: María Jesús Lorenzana Somoza
  • Consellería de Sanidade: Julio García Comesaña
  • Consellería de Política Social e Xuventude: Fabiola García Martínez
  • Consellería do Medio Rural: José González Vázquez
  • Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo

Entre outras novidades, Turismo pasa a depender da Presidencia da Xunta, como mostra da prioridade que se lle dá a esta área para esta década Xacobea. En materia económica, a Vicepresidencia primeira será a encargada de coordinar toda a acción do Goberno neste eido, así como a política industrial. Ademais, no novo organigrama evidénciase a aposta pola xuventude e a formación profesional incluíndo as súas denominacións no nome das súas respectivas consellerías. Cómpre recordar que, en tanto non se proceda ao desenvolvemento da estrutura deste decreto, os órganos superiores e de dirección existentes manterán a súa estrutura e funcións.

Tags: GaliciasociedadXunta de Galicia
⬅ Noticia Anterior

Colaboración entre o Concello e a Comisión de Festas de Paiosaco

Siguiente Noticia ➡️

Novo campo de voluntariado internacional este verán na Laracha

Siguiente Noticia ➡️
Castro Montes Claros en A Laracha

Novo campo de voluntariado internacional este verán na Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil