O martes de Entroido celébrase desde as 18:30 horas na Praza do Concello da Laracha.
Ademais a verbena amenizada pola Orquesta Los Satélites principia ás 17:00 horas. O Concello repartirá máis de 3.000 euros en premios no concurso de disfraces do Martes de Entroido.
Neste sentido ao descanso realizarase o tradicional desfile do concurso de disfraces, no que se van repartir máis de 3.000 euros en premios a outorgar polo xurado formado por representantes do tecido asociativo municipal.
Nas categorías individuais (infantil e adultos) as contías dos premios serán de 60, 50 e 40 euros para os tres primeiros clasificados de cada unha delas. En parellas as gratificacións económicas alcanzarán os 70, 60 e 50 euros. Os grupos optarán a 200, 150 e 100 euros. Os premios para as comparsas ascenden a 600, 500 e 400 euros.
Tamén ata un máximo de dez comparsas non premiadas poderán obter un accésit de 100 euros polo feito de participar.
Por outro lado, aqueles participantes no concurso que formalizaron a súa inscrición para confirmar a asistencia e poder formar parte do desfile deben recoller o seu número identificativo entre as 17:00 e as 18:00 horas na Casa do Concello.
