O domingo xogouse no Concello de Cabanas a segunda xornada da Liga Atlántica de Billarda da Conferencia Noroeste 2021-2022. O evento foi no antigo campo de fútbol local, na Comarca do Eume, a carón da Ría de Ares. As clasificacións foron:
Categoría absoluta
- Campión: X. Collazo (Billarda Campo da Feira) – Paiosaco
- Subcampión: A. Riveiro (APB) – A Laracha
- Terceiro: Eladio V. (Billarda Campo da Feira) – Paiosaco
Categoría femenina
- Campiona: Isa (Billarda Campo da Feira) – Paiosaco
- Subcampiona:Marisa (Lúa de Forza) – Sanxenxo
- Terceira:Delia (Chaínzos Cadaval) – Castro do Rei
Categoría infantil
- Abel (Billarda Campo da Feira) – Paiosaco
- Subcampión: Kevin (APB) – A Laracha
- Terceira/o: Noa (Filloas de Sangue) – A Coruña e Roy (APB) – A Laracha
Dende a Liga Atlántica de Billarda agradecen ao Concello de Cabanas, tanto a cesión do antigo Campo de fútbol como os trofeos doados para esa xornada. Estes foron entregados polo alcalde, Carlos Ladra e pola Técnica de Cultura e Deportes, María López.