A Liga Atlántica Zona Noroeste iniciou a tempada no campo Ponte dos Brozos de Arteixo
A Liga Atlántica de Billarda 2022/23 da Zona Noroeste retomou a súa actividade o fin de semana. Foi no campo de fútbol «Ponte dos Brozos» do Concello de Arteixo. Cincoenta palanadoras e palanadores xogaron a xornada inaugural. Volveronse encontrar os equipos con os seus novos fichaxes. Un deles foi Xose Collazo quen trocou a camisola de Campo da Feira pola de APB da Laracha. Os resultados finais foron os seguintes:
Categoría feminina
- Campioa: Lucia (Lua de Forza-Sanxenxo).
- Subcampioa: Raquel (Cochiqueiros-Cerceda)
- Terceira clasificada: Mercedes( APB-A Laracha)
Categoría infantil
- Campión: Kevin (APB-A Laracha)
- Subcampión: Aleixo( Cochiqueiros-Cerceda)
- Terceiro clasificado:Roi (Apb-A Laracha)
Categoría absoluta
- Campión:Lito (APB-A Laracha)
- Subcampión: Xose Collazo (APB-A Laracha)
- Terceiro clasificado: Jose Gandara (Filloas de Sangue-A Coruña)
Equipos
- Campión: APB-A Laracha.
- Subcampión:Campo da Feira -Paiosaco
- Terceiro clasificado: Lua de Forza (Sanxenxo)
Dende a Liga Atlántica de Billarda agradecen ao Concello de Arteixo e á súa Concellaría de Deportes polos medios dos que dispuxemos para que este evento deportivo. Houbo agasallos e trofeos para os gañadores e para todas e todos os participantes.