«A letra do Reino» é unha nova tipografía inspirada nas fontes documentais do Reino medieval de Galicia.
«A letra do Reino» é unha iniciativa seleccionada polo Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia da área de Cultura da Deputación da Coruña. O estudo creativo Distrito Xermar foi o artífice desta nova tipografía e contou coa asesoría dos investigadores Miguel García-Fernández e Ricardo Pichel.
Segundo fontes de Distrito Xernar que coordina o proxecto «Nesta proposta de inspiración para a creación dunha tipografía pensada por e para Galiza que mire cara o noso pasado medieval, quixemos salientar unha modalidade de gótica cursiva fracturada, característica de finais do século XIII, asociada ao notario público ourensán Xoán González, oriúndo de Ramirás, na comarca da Terra de Celanova«.
Ademáis, este trabajo está feito no marco da reivindicación do estudo e do pasado do reino medieval de Galiza.
Destacar que deronlle forma a tipografía: Aizea Cordón, Úrsula Prego, e Alberte Sánchez.
Tamén a nova tipografía pode descargarse neste ENLACE.