viernes, junio 20, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Sociedad

128 habitantes máis na Laracha desde marzo

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
septiembre 30, 2020
in Sociedad
0
proxectos de empleo A Laracha

Concello da Laracha

0
COMPARTIDA
343
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Segundo os datos do padrón municipal o Concello incrementa a poboación en 128 persoas que, día de hoxe, é de 11.544 habitantes

O Concello da Laracha conta con 11.544 habitantes, dos cales o 51,81% (5.866) son mulleres e o 49,19% (5.678) son homes. Ese son os datos globais a de hoxe que recolle o padrón municipal. Na comparativa con respecto ao pasado mes de marzo ponse de manifesto que o número de empadroados incrementou en 128 persoas.

En apenas sete meses rexistráronse 254 altas (das cales 208 foron por cambio de residencia e 43 por nacementos) e 126 baixas (78 por cambio de residencia e 46 por defuncións). Destes datos conclúese que durante a crise sanitaria da Covid-19 a cifra de persoas que estableceron a súa residencia no termo municipal da Laracha practicamente triplicou á das que se deron de baixa para vivir noutro municipio.

Por núcleos de poboación, as zonas urbanas foron as máis escollidas polos novos habitantes. Na vila da Laracha empadroáronse 151 persoas, 34 en Paiosaco e 23 en Caión. No rural chama a atención que desde marzo se deran de alta na parroquia de Cabovilaño a cifra de 54 persoas e os 39 novos veciños da parroquia de Vilaño.

Pirámide poboacional

Como datos de interese, na pirámide poboacional do Concello da Laracha reflíctese que a franxa de idade con maior número de habitantes é a que vai dos 40 aos 49 anos, con 2.054 persoas. Ademais hai 881 nenos menores de dez anos de idade e soamente catro persoas que superan o século de vida (tres mulleres e un varón). Salientar, tamén, que entre a poboación larachesa hai 319 habitantes procedentes de 34 países estranxeiros diferentes, estando á cabeza Marrocos (70 persoas), Portugal (39), Brasil (30) e Italia (18).

O aumento da poboación é o mellor indicador de que o Concello da Laracha é considerado un bo lugar para vivir. Tanto para as persoas e familias que sempre residiron no municipio como para os que chegan desde outros lugares. A situación xeográfica, as oportunidades laborais, as boas comunicacións rodadas, a calidade dos entornos rurais e urbanos, son algún dos factores. Pero tamén, o prezo da vivenda, e cobertura en servizos e os programas de conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachasociedad
⬅ Noticia Anterior

Acordan festivos locais de 2021 no Pleno ordinario

Siguiente Noticia ➡️

A oficina de Turismo volve á Casa do Concello

Siguiente Noticia ➡️
oficina de turismo A Laracha

A oficina de Turismo volve á Casa do Concello

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil