A Fundación cofinancia a iniciativa que céntrase na inclusión social e cultural das personas inmigrantes
Fundación “la Caixa”, a través da Obra Social, achega ao Concello a cantidade de 5.000 euros para o cofinanciamento do programa A Laracha acolle. O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o director da oficina da Laracha, Javier Andrade García, formalizaron hoxe o acordo. No acto tamén participou a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.
A Laracha acolle está previsto que comece a desenvolverse no próximo mes de decembro e que se prolongue ata abril de 2023. O programa ten por finalidade a inclusión social e cultural das persoas inmigrantes e, máis concretamente, do colectivo prioritario das mulleres.
Componse de dúas liñas de acción complementarias. Por unha banda o “Taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia”. Pola outra, a creación do espazo de expresión e participación cultural “Exprésa-T”. O mesmo, está dirixido ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida, intercambio e socialización, así como ao tratamento de temas transversais de xénero e coeducación.
Liñas de acción
- «Taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia»: adquisición de habilidades lingüísticas que permita ás persoas inmigrantes desenvolverse de forma autónoma na vida diaria. As clases levaranse a cabo seguindo unha metodoloxía alternativa de ensinanza aprendizaxe. Ademáis, con perspectiva de xénero, traballando contidos e linguaxe non sexista, así como poñendo en valor o papel das mulleres na sociedade.
- “Exprésa-T”: reforza a acción anterior. Céntrase na creación dun espazo coeducativo de participación e convivencia que permita poñer en práctica os contidos asimilados a nivel lingüístico. O fará a través do coñecemento e intercambio mutuo das distintas culturas presentes no municipio, se desenvolvan relacións sociais e persoais igualitarias que contribúan á construción dunha verdadeira sociedade intercultural.