Nestes foros o Concello traballa na recollida de información e propostas
O Concello continúa traballando na recollida de información e de propostas en distintos foros para o seu IV Plan de Igualdade entre mulleres e homes. Trátase dun procedemento no que se está a empregar unha metodoloxía participativa o involucrando a axentes chave do termo municipal para levalo a cabo con éxito.
Nesta ocasión fíxose a través dun foro de diagnose e propositivo con representantes dos centros educativos desenvolvido no edificio administrativo da Laracha. Formou parte do mesmo persoal de dirección, de orientación e responsables de igualdade dos tres Centros de Educación Infantil e Primaria (Afredo Brañas, Ramón Otero Pedrayo e o de Caión), e o Instituto de Educación Secundaria Agra de Leborís.
Estivo estruturado en tres partes:
- Presentación das principais desigualdades detectadas a través da diagnose estatística.
- Discusión dos resultados da diagnose e achegas á diagnose dos centros educativos.
- Proposición de liñas de actuación e medidas a incluír no Plan de Igualdade.
Na última parte do foro recolléronse propostas dirixidas ao fomento da igualdade, o respecto á diversidade e a prevención da violencia de xénero tanto nos centros educativos como entre a poboación xeral da Laracha. Todas as achegas serán analizadas polo persoal técnico do Concello de cara a incluílas no IV Plan de Igualdade.