O Concello organiza esta excursión á Sierra de Francia e ao Jerte para persoas maiores, xubiladas e pensionistas.
Dicir que a excursión á Sierra de Francia e ao Valle del Jerte realizarase do 27 ao 31 de marzo. O prazo de preinscrición está aberto os días 13, 14 e 15 de marzo. As persoas que cumpran os requisitos e desexen realizar a excursión deben preiscribirse dirixíndose ao departamento de Servizos Sociais, situado no edificio administrativo da Laracha.
Así o Concello da Laracha volve organizar unha nova excursión dirixida aos veciños do municipio maiores de cincuenta e cinco anos de idade, xubilados e pensionistas.
O programa previsto consiste nunha viaxe en autobús, que partirá desde A Laracha e percorrerá lugares como Salamanca, La Alberca, Ciudad Rodrigo, Peña de Francia, San Martín del Castañar, Las Hurdes, Mogarraz, Candelario e varios puntos do Valle del Jerte.
O prezo por persoa en habitación dobre (hotel de catro estrelas), réxime de pensión completa (almorzo, comida e cea) e incluíndo todas as visitas guiadas, entradas e seguro de viaxe é de 290 euros. O suplemento para os que escollan habitacións individuais é de 110 euros. O Concello financiará integramente o custe do transporte en autobús.
Hai cincuenta prazas dispoñibles. No caso de que o número de persoas interesadas en participar sexa superior ás prazas ofertadas, para outorgalas realizaríase un sorteo público o xoves 16 de marzo ás 11:00 horas no Salón de Plenos.
Desde o Concello auntan que se «organiza este programa cos propósitos esenciais de optimizar o tempo de lecer das persoas maiores ofrecéndolles actividades culturais para favorecer o envellecemento activo e fomentar as relacións sociais entre o colectivo«.
