Icono del sitio El Diario de A Laracha

Organizan un concurso de disfraces virtual para Entroido

Parte do programa de Entroido 2022 na Laracha

Tamén haberá cine, xogos e espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar no Entroido da Laracha

As festas do Entroido son unhas das celebracións de maior relevancia ao longo do ano no Concello da Laracha. Tanto polo volume de actividades culturais e de ocio, como pola asistencia de público aos eventos. De feito, o Martes de Entroido é fixado cada ano como festivo no Concello da Laracha.

Por causa da situación epidemiolóxica actual o Concello acordou non realizar o tradicional desfile para evitar as aglomeracións de persoas. Pero sí que se levará a cabo o concurso de disfraces de xeito virtual para que os cidadáns e as asociacións poidan festexar mostrando o seu enxeño e creatividade. Nesta ocasión o certame constará de categorías individual infantil, individual adultos, parellas, grupos e comparsas. Nas catro primeiras poderase participar achegando unha única foto, mentres que na categoría de comparsas requírese a gravación dun vídeo e que haxa, canda menos, cinco participantes.

Premios

O Concello destinará aos premios un total de 2.620 euros, que están establecidos en dúas modalidades diferentes. Unha delas será a do xurado, que valorará aspectos como a estética, orixinalidade, creatividade e posta en escena. Tamén haberá un concurso na páxina de Facebook, no que os usuarios da rede social decidirán os gañadores cos seus “gústames”. Serán premiados os tres participantes de cada categoría mellora valorados polo xurado e máis votados en Facebook, podendo cada participante lograr un premio por cada modalidade.

A inscrición está limitada en exclusiva a persoas empadroadas no termo municipal da Laracha. O prazo para presentar as fotografías e vídeos estará aberto ata o día 27 de febreiro e pode realizarse cubrindo o formulario dispoñible en www.alaracha.gal, a web municipal. Pica aquí para lembrar os gañadores do concurso de Entroido 2021.

Eventos culturais para o público infantil

Ademais do concurso de disfraces, o Concello tamén organizará durante a semana de Entroido unha ampla variedade de propostas culturais dirixidas ao público infantil e familiar que se levarán a cabo nas vilas da Laracha, Paiosaco e Caión (ver o programa completo na imaxe de debaixo).

A relación e datos e eventos é a seguinte:

Salir de la versión móvil