María Palomi Rodríguez ven de presentar propostas para a conmemoración do Día do Orgullo
A voceira do grupo municipal socialista da Laracha, María Palomi Rodríguez Castiñeira, solicita que o Concello pendure a bandeira arcoíris con gallo do Orgullo 2021. Trátase dunha batería de propostas para a conmemoración do Día do Orgullo na Laracha. Entre elas, reclaman accións de visibilización, actos institucionais e eventos seguros. Tamén, que o goberno local pendure a bandeira arcoíris na fachada da casa consistorial en sinal de apoio e visibilidade cara o colectivo LGTBI.
Así mesmo, insta a levar a cabo unha programación de actos seguros en cumprimento das medidas anticovid. Poden ser exposicións fotográficas e proxeccións de filmes vencellados ao día internacionaI. Outras iniciativas de visibilización polas que apostan os e as socialistas son pintar nas beirarrúas con témpera escolar borrable a silueta dunha pegada, bancos ou pasos de peóns. Lembramos que o 28 de xunio celébrase o Día Internacional do Orgullo.