jueves, mayo 22, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Sociedad

O descenso do índice delitivo demostra que A Laracha é un Concello seguro

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
septiembre 24, 2020
in Sociedad
0
Laracha descenso de actos delictivos

Reunión da Xunta Local (imaxe de arquivo)

0
COMPARTIDA
147
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O índice delitivo no municipio é sensiblemente inferior á media provincial e este ano os datos reflicten un descenso con respecto ao ano anterior

Celebrouse no Concello da Laracha unha reunión da Xunta Local de Seguridade onde a principal conclusión foi constatar que A Laracha é un Concello seguro. A sesión estivo copresidida polo alcalde, José Manuel López Varela, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo. Tamén asistiron a xefa da unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, María Isabel Álvarez e a vicesecretaria da Delegación do Goberno, Eva Vázquez. Así mesmo participaron o tenente coronel da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira; o cabo primeiro e comandante do posto da Garda Civil da Laracha, Sergio García; o xefe da Policía Autonómica na Coruña, Antonio Nieto; o xefe da Policía Local da Laracha, Víctor Vilanova y a directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha –Ana Aldao-.

Os datos oficiais expostos indican que o índice de criminalidade no termo municipal no ano 2019 (21,59 delitos por cada mil habitantes) expeirmentó un descenso é sensiblemente inferior á media provincial (31). A previsión para o ano actual é que ese índice caia na Laracha por debaixo dos 17 debido. Isto é en gran parte, ao descenso de delitos rexistrado durante o confinamento (22% no Concello), que tamén mellora notablemente á media estatal durante ese período (13% menos no conxunto de España). Tamén, en 2019 na Laracha incrementouse nun 12% os casos esclarecidos e triplicouse o número de persoas detidas.

Aproveitaron a ocasión para felicitar ás forzas e corpos de seguridade pola resposta aos sucesos acontecidos nas últimas semanas que afectaron a determinados locais comerciais, especialmente aos hostaleiros. As accións concluíron coa detención dos responsables dos actos delitivos. Tendo iso en conta, e tamén os datos expostos, os representantes de todos os organismos e institucións presentes transmitiron unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía larachesa.

Non obstante, o alcalde deixou constancia da súa preocupación polo número de baixas que presenta o cuartel da Garda Civil da Laracha e expresou a necesidade de cubrilas na súa totalidade e mesmo de ampliar o número de prazas vinculadas ao posto.

Violencia de xénero

Avaliouse, ademáis, o traballo desenvolvido pola Policía Local no seguimento de casos de violencia de xénero despois de que en xullo do ano pasado se acordase a súa incorporación ao sistema VIOGEN. Desde a unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno cualificouse como moi positivo o esforzo do corpo de seguridade municipal e eloxiouse o labor que nesa materia realiza o Concello da Laracha.

Neste sentido, a directora do CIM informou que debido á crise sanitaria da Covid-19 tiveron que aprazarse as reunións trimestrais das mesas de colaboración interinstitucional contra a violencia de xénero e por iso non se celebraron as previstas no mes de maio. Volveranse convocar ao longo do mes de outubro.

Recoñecemento

Por último, acordouse entre todos os presentes realizar un recoñecemento a Celestino Gago, o xefe do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil polo rescate dun neno na praia de Caión que fixo o pasado mes de xuño estando nese momento fóra de servizo.

Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachaobras
⬅ Noticia Anterior

Proceso de contratación de obras para Xermaña, parroquia de Caión

Siguiente Noticia ➡️

O Bng demanda área canina en A Laracha

Siguiente Noticia ➡️
Bng Laracha área canina

O Bng demanda área canina en A Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil