domingo, julio 13, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Sociedad

Os deportistas do club SAL foron recibidos polo alcalde da Laracha

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
marzo 31, 2022
in Sociedad
0
deportistas destacados del club Salvamento Acuático Laracha

Deportistas do club no xardín da Casa da Cultura da Laracha

0
COMPARTIDA
65
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

López Varela destacou que “A Laracha é referencia estatal en salvamento e socorrismo entre 8.131 municipios de toda España”, tralos resultados obtidos polos deportistas do club

José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, recibiu na Casa da Cultura ao equipo directivo, persoal técnico e deportistas máis destacados do Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL). O fixo en recoñecemento aos excelentes resultados obtidos nos últimos campionatos de ámbito autonómico e estatal. O rexedor municipal destacou que “grazas ao SAL, A Laracha é unha referencia nacional nesta disciplina deportiva entre os 8.131 municipios que hai en España”.

López Varela tamén salientou que “tanto ou máis importante que os triunfos nos torneos é potenciar os estilos de vida saudables entre a mocidade e xerar o bo ambiente necesario para adestrar, divertirse e competir ao máis alto nivel”.

Pois iso expresou o “orgullo por contar na Laracha co SAL” e reiterou o compromiso de colaboración institucional do Concello co club. Lembró que a achega municipal no último ano foi de 15.000 euros “para cooperar no financiamento dos gastos, incluído o uso da piscina”.

Últimos logros

Como resultados máis destacados, o SAL tivo catro representantes nos Campionatos de España Xuvenil, Júnior e Absoluto de distancias curtas celebrados en decembro en Valladolid. Alí, Noelia Loureiro foi campioa e logrou o récord nacional en 50 metros socorrista, e Pablo Amado, Álvaro Hidalgo e Anxo López melloraron as súas marcas persoais.

No Campionato Galego Xuvenil, Júnior e Absoluto celebrado en Ourense os días 19 e 20 de marzo, os deportistas máis destacados foron en categoría xuvenil:

  • Anxo López (2 campionatos, 2 subcampionatos, 1 terceiro posto e un récord galego en 200 metros supersocorrista)
  • Álvaro Hidalgo (1 subcampionato)
  • Nerea Mallo (1 subcampionato e 1 terceiro posto)

En categoría júnior:

  • Pablo Amado (2 subcampionatos)

Categoría absoluta:

  • Noelia Loureiro (1 campionato e 4 subcampionatos)
  • Borja Díez (1 subcampionato e 1 terceiro posto)

Ademais, nos relevos, o xuvenil masculino proclamouse campión galego en lanzamento de corda e obtivo o terceiro posto en 4×50 natación con obstáculos. As representantes do xuvenil feminino quedaron subcampioas en lanzamento de corda e terceiras en 4×50 combinado. O equipo absoluto masculino foi campión en lanzamento de corda e terceiros en 4×50 combinado.

No Campionato Galego infantil e cadete celebrado o 13 de marzo en Caldas de Reis, o SAL foi subcampión na categoría Xeral cadete, subcampión en infantil feminino e terceiro clasificado tanto en cadete feminino como en masculino.

Actuacións individuais dos cadetes

  • Juan Martín Rodríguez (2 campionatos, 1 subcampionato e 1 terceiro posto)
  • Luis Negreira (1 campionato e 2 terceiros postos)
  • Lucía Añón (3 terceiros postos)

En infantís os mellores resultados foron os subcampionatos tanto de Gisela Becerra como de Pedro Caamaño.

Por último, no Campionato Galego alevín celebrado en Cerceda o 5 de marzo, o equipo masculino proclamouse campión de Galicia e terceiro mellor club galego na clasificación Xeral, con dous campionatos e un subcampionato nas probas de relevos. O equipo feminino quedou cuarto nas tres probas e o equipo mixto logrou un subcampionato. A título individual, salientar os subcampionatos de Simón Caamaño e de Hugo Ferreño.

Os deportistas máis destacados do Club SAL foron recibidos polo alcalde da Laracha na Casa da Cultura
Tags: deportesruralsociedad
⬅ Noticia Anterior

A Laracha retoma o irmandamento coa localiodad francesa de Les Sables d´Olonne

Siguiente Noticia ➡️

A Súper Copa 2022 de Billarda na televisión de Galicia

Siguiente Noticia ➡️
copa billarda TV galicia

A Súper Copa 2022 de Billarda na televisión de Galicia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil