Reside no lugar de Portodoso, Soandres, na mesma vivenda na que naceu
José Iglesias Fraga, veciño do lugar de Portodoso, na parroquia de Soandres, cumpriu o luns 2 de novembro, os 101 anos de idade. É unha das catro persoas con máis dun século de vida residentes no termo municipal da Laracha e o único varón centenario, xa que as outras tres son mulleres.
José vive coa súa esposa Dorinda Fraga de 96 anos de idade e coa que fixo 75 anos de matrimonio no pasado mes de xaneiro. Tamén co seu irmán Nemesio, a súa filla Mari Carmen e o seu xenro Pepe. Residen na mesma vivenda na que naceu José hai 101 anos e na que tamén nacera a súa nai.
José, que se dedicou toda a vida á agricultura e que se atopa nun bo estado de saúde, ten tres fillos, sete netos e dous bisnetos. Non puido festexar o aniversario coa su familia debido ás medidas en vigor sobre a limitación dos grupos de persoas e restrición da mobilidade. O alcalde, en nome da Corporación municipal, agasallouno cunha placa conmemorativa e un ramo de flores.