jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Sociedad

Novas edicións dos tradicionais concursos de Nadal na Laracha

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
noviembre 21, 2022
in Sociedad
0
concurso con premios en A Laracha

Concursos de Nadal 2022

0
COMPARTIDA
97
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Os de postais e contos de Nadal van dirixidos ao alumnado dos centros educativos e o de escaparates, aos comercios

O Concello está a ultimar o contido do programa de eventos e actividades de Nadal. Contará con propostas para todos os públicos desde finais de ano e ata a Cabalgata dos Reis Magos. Unha vez máis, no marco deste programa haberá catro tradicionais concursos: os de contos e postais, o de panxoliñas e o de escaparates.

Panxoliñas

O certame de panxoliñas “María Angeriz Tuset” terá lugar o venres 30 de decembro a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura da Laracha. Vai dirixido ás asociacións culturais, coros parroquiais e grupos do municipio. Están establecidas catro categorías de premios dotadas con 300, 250, 200 e 175 euros respectivamente. Todos os grupos teñen garantida unha achega de 200 euros polo feito de participar. Un dos propósitos esenciais deste evento é subvencionar a actividade que desenvolven as entidades.

Comercios locais

O concurso de escaparates alcanza a súa 27ª edición. Convídase a participar a calquera tipo de establecemento do termo municipal que dispoña de escaparate exterior. Repartiranse un total de 1.800 euros en premios entre as dúas modalidades: a valoración do xurado e o concurso que se realizará en Facebook.

Aqueles establecementos e locais comerciais que desexen participar deben inscribirse como data límite o 21 de decembro e manter o escaparate visible, adornado e sen modificalo ata o día 5 de xaneiro. Ademais, deberán achegar unha fotografía para poder participar no concurso de Facebook.

A valoración do xurado será o mércores día 29 de decembro a partir das 18:00 horas. Tendo en conta as diferenzas entre os produtos dos diferentes comercios, valorarase o esforzo realizado en cada traballo seguindo os criterios de creatividade, orixinalidade, iluminación e composición comercial. Os cinco mellor puntuados obterán os premios (500, 400, 300, 200 e 100 euros).

En Facebook

O concurso de Facebook farase por cuarto ano consecutivo. Na páxina do Concello da Laracha (https://www.facebook.com/ConcelloALaracha/) subiranse as imaxes de todos os participantes o 26 de decembro. As tres que teñan máis “gústame” o 3 de xaneiro ás 12:00 horas serán as premiadas (150, 100 e 50 euros).

Tanto no concurso de panxoliñas como no de escaparates, as bases e os formularios de inscrición estarán dispoñibles a partir do luns na web www.alaracha.gal.

Postales de Nadal

Por último, lembrar que os concursos de postais e de contos van dirixidos ao alumnado dos colexios Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e CEIP de Caión. O certame de conto é para estudantes 5º e 6º de primaria. No de postais participan alumnos de infantil e de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, estando establecidas categorías de premios diferenciadas por grupos de idade. En ambos casos a valoración do xurado realizarase o 15 de decembro a partir das 11:00 horas na biblioteca municipal da Laracha. Os premios, como no 2021, consistirán en xogos e material educativo.

Tags: Concello de LarachaNoticias de Laracharural
⬅ Noticia Anterior

Urbanización do entorno da igrexa de Lestón

Siguiente Noticia ➡️

Obradoiro con familias sobre alimentación saludable

Siguiente Noticia ➡️
obradoiro para familias sobre cocina saludable

Obradoiro con familias sobre alimentación saludable

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil