viernes, junio 20, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Sociedad

En marcha obras de mellora no complexo deportivo municipal

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
mayo 27, 2021
in Sociedad
0
complejo municipal de Laracha en obras

O alcalde e o concelleiro José Ramón Martínez acudiron ao complexo deportivo municipal para supervisar os traballos

0
COMPARTIDA
81
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Realizaranse intervencións no pavillón municipal e nas pistas de pádel

Comezaron a executarse as obras de mellora das instalacións do complexo deportivo municipal da Laracha, que contempla dúas intervencións. As actuacións principiaron a desenvolverse nas pistas de pádel, onde as obras proxectadas teñen unha triple finalidade. Por unha parte está a renovación do firme, contemplando tanto a reparación da soleira coa aplicación dun morteiro de resinas como a substitución do céspede artificial. Ademais, será ampliada a fachada de chapa que pecha as pistas pola súa parte superior. O obxectivo é aumentar a eficiencia enerxética, para o que será cambiado o sistema de iluminación existente por novos proxectores LED aptos para exteriores.

A outra intervención prevista terá por finalidade a conservación e mantemento do pavillón municipal do mesmo complexo deportivo. Consiste na renovación da cuberta e dos canalóns, incluíndo tamén o pintado dos muros tanto no exterior como no interior do polideportivo.

En total serán investidos 80.000 euros, dos cales 55.000 euros achegaranse polo Concello con fondos propios municipais. Os outros 25.000 serán financiados pola Secretaría Xeral Para o Deporte da Xunta de Galicia. O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro José Ramón Martínez Barbeito, acudiron ata o complexo deportivo para supervisar o inicio da execución dos traballos.

Control da seguridade viaria

A Policía Local da Laracha, no exercicio do seu labor de control da seguridade nas estradas do ámbito municipal, detectou nos últimos días oito condutores que deron positivo nas probas de alcohol e de drogas.

En concreto, foron interceptados tres condutores que arroxaron resultado positivo por consumo de substancias estupefacientes incompatibles coa condución, tales como cocaína, cannabis, anfetaminas e metanfetaminas. Outros cinco automobilistas superaron a taxa máxima permitida de 0,25 mg/L de alcohol en aire expirado. En dous deses casos os condutores superaron o triplo desta taxa permitida, polo que se instruíron dilixencias por posible delito contra a seguridade viaria.

A Policía Local reitera o perigo que supón conducir baixo os efectos do alcohol ou das drogas tanto para a persoa ao volante que incumpre a normativa como para os demais usuarios da vía.

Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachaobras
⬅ Noticia Anterior

O xefe territorial de Educación visita colexios da Laracha e Paiosaco

Siguiente Noticia ➡️

Proba da fase de oposición dun auxiliar administrativo

Siguiente Noticia ➡️
oposición auxiliar administrativo na Laracha

Proba da fase de oposición dun auxiliar administrativo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil