O horario dos centros é de 16:00 a 20:00 horas de luns a sábado
Desde onte os tres centros sociais municipais volven estar a disposición dos usuarios nos seus tradicionais emprazamentos:
- edificio de servizos múltiples da Laracha
- centro sociocultural de Paiosaco
- edificio da antiga casa reitoral de Caión
O novo horario é idéntico nas tres localizacións: de luns a sábado pola tarde, de 16:00 a 20:00 h. Permanecerán pechados os domingos e festivos.
Os centros sociais son instalacións municipais que o Concello ofrece especialmente ás persoas maiores para que poidan desfrutar dun punto de encontro. Dispón de servizo de cafetería e prezos bonificados para os usuarios. Os obxectivos esenciais son fomentar o envellecemento activo e evitar a exclusión social.
Estes equipamentos foran pechados temporalmente por causa da pandemia da Covid-19. A reapertura faise unha vez completado o procedemento de adxudicación do contrato de xestión. O mesme inclúe o control de acceso e a limpeza das instalacións municipais nas que se sitúan. O Concello da Laracha destinará a este servizo con fondos propios municipais 76.751,56 cada ano. Polo tanto o valor do contrato, adxudicado por dous anos prorrogables por outros dous máis, ascende a máis de 300.000 euros.