O centro sociocultural da Insua alberga tanto o centro médico de Caión como actividade do tecido asociativo.
Dicir que o centro sociocultural da Insua, en Caión, é un edificio de titularidade municipal multifuncional. Na actualidade alberga:
- nunha parte da instalación, o consultorio médico da vila
- na outra parte, actividade do tecido asociativo caionés
Por iso, o Concello promove un proxecto valorado en 24.000 euros. O traballo inclúe a reparación dos paramentos exteriores e o repintado nunha superficie superior aos trescentos metros cadrados. Os fins do Goberno local son os de mellorar o illamento térmico e renovar a fachada desta instalación,
Deste xeito serán mellorados o acabado e a estética exteriores, favorecendo ademais a integración do edificio no entorno no que se sitúa.
Ademais para o cofinanciamento desta intervención o Concello concorreu á convocatoria de axudas do Instituto de Estudos do Territorio para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos.
Aclarar que este proxecto dará continuidade ao recentemente executado polo Concello coa colaboración da Xunta de Galicia no propio centro sociocultural de Insua dirixido a aumentar o confort higrotérmico do edificio e a mellorar a súa eficiencia enerxética que incluíra a substitución de ventás e portas.
O orzamento superara os 30.000 euros. Sumados ao novo proxecto que se acometerá en próximas datas supón un investimento total de 54.000 euros na mellora do inmoble.