Abel e Juan Carlos Cancela nos primeiros postos da competición do fin de semana
Resultados do fin de semana con actuación dos equipos de Paiosaco en duas xornadas. O sábado en Sanxenxo e o domingo nas Somozas. Foi a novena xornada da Liga Atlántica de Billarda.
- Campión absoluto: Abel (Campo da Feira-Paiosaco) e infantil e estrella na billarda
- Subcampión: Juan Carlos Cancela (Campo da Feira-Paiosaco)
- Terceiro clasificado: Xan Rodiño (Lúa de Forza-Sanxenxo)
Feminina
- 1ª Lu (Lúa de Forza-Sanxenxo)
- 2ª Delia (Chaínzos-Cadaval (Castro de Rei)
- 3ª Sonia (Cochiqueiros-Cerceda)
Equipos
- Campión: Campo da Feira-Paiosaco
Infantil
- 1- Abel (Campo da Feira-Paiosaco)
- 2- Paula (Billardeiros Musicais-Ribadeo)
- 3- Sergio (Billardeiros Musicais-Ribadeo)
Na xornada da Liga de Billarda correspondente á Conferencia Rías Baixas, salientar a magnífica actuación de Juan Carlos Cancela (Campo da Feira-Paiosaco) que acadou o segundo posto na xeral, así como o primeiro posto de Abel Ponte na categoría infantil e como non, tamén a boísima actuación do equipo Campo da Feira-Paiosaco, a pesare de non ser unha das súas mellores xornadas.