Na praza Olonne sur Mer a partir das 22:30 horas se proxecta el filme Joker en formato autocine
O Concello volve ofertar este sábado a proxección dun filme en formato autocine para presenciar desde o vehículo particular. Nesta ocasión a película será Joker, dirixida a persoas maiores de dezaoito anos de idade. Está centrada nas orixes do personaxe interpretada por Joaquín Phoenix. Explora como e por que chegou a converterse no vilán máis famoso do universo Gotham City e no maior inimigo de Batman.
O pase principiará ás 22:30 horas deste sábado, 30 de outubro, na praza Olonne sur Mer da Laracha. O acceso en vehículo permitirase desde media hora antes, sendo a entrada gratuíta ata completar a capacidade máxima do recinto, sen necesidade de reserva previa. Organiza o Concello da Laracha coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. Lembramos que a praza Olonne sur Mer da Laracha acolleu o pasado sábado a proxección do filme Jumanji: The Next Level para toda a familia.