O servizo de aula lúdica é gratuíto e promove a conciliación da vida persoal, laboral e familiar
O Concello da Laracha ofrece durante o verán o servizo de aula lúdica para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral das familias con nenos de entre 3 e 12 anos. Conta na actualidade con preto de cen usuarios inscritos, sendo a media diaria de asistentes superior aos sesenta rapaces.
O servizo, que é gratuíto para os beneficiarios, préstase de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. Nese tempo os nenos e nenas realizan diversas actividades deportivas, culturais, educativas e recreativas adaptadas ás súas idades. Durante o verán empréganse as instalacións do CEIP Otero Pedrayo que ofrecen unha maior comodidade. Éste dispoñe de máis amplitude que na aula do edificio de servizos múltiples que se utiliza durante o curso escolar.
Tal e como establece o protocolo de seguridade elaborado polo Concello, os beneficiarios están repartidos en seis grupos. Cada un conta con seu monitor e un espazo diferenciado. La intención e non relacionarse cos outros cinco grupos durante toda a xornada.
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Rocío López realizaron unha visita ao CEIP para interesarse polo funcionamento deste servizo municipal.
Madrugadores
Paralelamente, o Concello tamén ten aberto ata o 31 de xullo o prazo de inscrición ordinario para o programa Madrugadores. Se porá en marcha co inicio do curso escolar. Trátase do servizo de axuda á conciliación que permite levar aos alumnos ao seu centro de ensino antes do inicio das clases. Deste xeito, adaptarse ás necesidades dos pais que entran a traballar antes de que comece o horario lectivo. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición acudindo ao Centro de Información ás Mulleres (edificio administrativo da Laracha). A documentación e as normas de funcionamento están dispoñibles na web municipal alaracha.gal.