jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Sociedad

21 actividades de verán para público infantil, xuvenil e adulto

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
junio 19, 2021
in Sociedad
0
actividades verán Laracha

Actividades propostas polo Concello da Laracha

0
COMPARTIDA
158
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

A inscrición as actividades de verán abrirase o martes y poderase facer no Concello ou en liña

O Concello presenta o completo programa municipal de actividades de verán que se desenvolverá durante os meses de xullo, agosto e setembro. Inclúe un total de vinte e unha propostas culturais, deportivas, lúdicas e recreativas especialmente dirixidas ao público infantil e xuvenil. Permite tamé,n en determinados casos, a participación de persoas adultas. Os obxectivos deste programa é ofrecer opcións do tempo libre e facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar durante o verán nos centros escolares. O prazo de inscrición abrirase este martes 22 de xuño. Poderán formalizarse acudindo ao Concello ou tamén en liña cubrindo o formulario que se habilitará na web municipal www.alaracha.gal.

A realización de todas as actividades cumprirá coa normativa vixente en materia sanitaria e en todos os casos as prazas son limitadas. Ten preferencia de acceso ás persoas empadroadas no termo municipal da Laracha. Tamén por esta circunstancia non será posible realizar neste ano algunhas das propostas tradicionais. Pero aínda así o programa será moi completo, variado e de alta calidade. Poder verse todo o programa nas duas imáxenes de abaixo.

Público infantil

  • Campamentos: realizaranse en horario de mañá no pavillón municipal da Laracha e en dúas quedas dividindo aos participantes por grupos de idade. A primeira será do 12 ao 16 de xullo e a segunda, a semana seguinte, do 19 ao 23 de xullo.
  • Campus: o de fútbol realizarase nos campos Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco do 5 ao 9 de xullo. O de baloncesto será do 26 ao 30 de xullo no pavillón Municipal da Laracha
  • Circuíto de karts a pedais: que se habilitará no campo da feira de Paiosaco o 10 de agosto e o cursillo de iniciación ao surf na praia de Caión o 24 de agosto
  • Xornadas lúdicas de humor amarelo (A Coruña, 14 de xullo)
  • Multiaventura (Naturmaz en Mazaricos, 27 de xullo)
  • Inchable acuático (praia de Gandarío, 3 de agosto)
  • Paintball (Cacheiras de Teo, 18 de agosto)
  • Visita ao museo etnolúdico de Ponteceso (20 de agosto)

Público xuvenil e adulto

  • Xornada multiaventura en Naturmaz de Mazaricos (15 de xullo)
  • Barranquismo no pontevedrés río Almofrei (5 de agosto)
  • Kaiak e paddle surf en Gandarío (12 de agosto)
  • Humor amarelo na Coruña (17 de agosto)
  • Iniciación ao surf na praia de Caión (26 de agosto).
  • Xornada de Cultura Urbana con obradoiros de beatbox, breakdance e freestyle football, que concluirá co espectáculo Ópera Break´s. Venres 10 de setembro na Laracha
  • Cine ao aire libre na Praza Eduardo Vila Fano de Caión con Maimiño e o espello máxico o 16 de xullo e Maléfica, maestra del mal o 5 de agosto.
  • Espectáculos de rúa coincidindo con tres das principais festas do verán: o 19 de xullo (Festas do Carme) Caión acollerá Acuario, de Teatro Ghazafelhos. O 15 de agosto (Festas da Laracha), está programado o show de acrobacia aérea e ópera cantada Ikigai, a cargo de SU.MA. Por último, o día dos Milagres (8 de setembro) actuará en Caión Muu co espectáculo circense Crunch!

Na organización deste programa colabora co Concello da Laracha a Deputación Provincial da Coruña. A realización de todas actividades e eventos estará en todo caso suxeita ás medidas sanitarias e sociais que poidan establecer ao respecto as autoridades competentes.

Tags: CaiónConcello de LarachaPaiosaco
⬅ Noticia Anterior

Subvencións dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas individuais

Siguiente Noticia ➡️

Comezou a prestarse o servizo de salvamento e socorrismo

Siguiente Noticia ➡️
servizo socorrismo na praia de Caión

Comezou a prestarse o servizo de salvamento e socorrismo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil