viernes, junio 20, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Sociedad

A Laracha participa en Malta do programa europeo centrada na crise migratoria

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
octubre 1, 2021
in Sociedad
0
reunión en Malta donde asistió el Concello da Laracha

O alcalde, co ministro de Igualdade de Malta (primeiro pola dereita)

0
COMPARTIDA
52
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello está representado neste evento en Malta nas figuras do alcalde, José Manuel López Varela, e das concelleiras Rocío López e Adelina Liste

O Concello da Laracha está a participar no terceiro evento do proxecto Strengthening a Europe of solidarity in times of migration (Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración) que se desenvolve en Malta.

A temática deste programa céntrase en acadar respostas á crise migratoria que se vive actualmente en Europa. Estase a facer a través do diálogo e da reflexión social para contribuír a mellorar a comprensión cidadá da Unión Europea e a súa historia e diversidade. Ademáis, céntrase en fomentar a participación democrática en relación ás políticas de migración e promover o voluntariado e o compromiso intercultural.

Os socios do proxecto son 20 municipios e entidades de 19 países europeos diferentes. O Concello da Laracha, que é quen o lidera. Está representado neste evento en Malta nas figuras do alcalde, José Manuel López Varela, e das concelleiras Rocío López e Adelina Liste.

Historia da participación

A primeira toma de contacto entre os socios fora na Laracha hai agora dous anos. En febreiro de 2020 tivo lugar a segunda na cidade lituana de Kaunas, centrada na problemática migratoria nas zonas fronteirizas da Unión Europea coas repúblicas soviéticas. Despois do aprazamento por causa da pandemia, agora retomouse o proxecto. O encontro en Malta se prolongará durante a fin de semana e versa sobre o coñecemento dos problemas derivados da crise humanitaria no mar Mediterráneo.

No día de hoxe foron recibidos polo anfitrión, David Schembri, alcalde do municipio de Qrendi. Durante a xornada puideron coñecer os diferentes centros de acollida de inmigrantes, afondando na problemática da súa chegada masiva. Tamén, os procedementos que se seguen desde que arriban en pateiras á costa maltesa. Tamén asistiron ás ponencias ofrecidas por Alexander Tortell, xefe da oficina de integración, e Glen Cachia, o responsable de reunificación familiar da Cruz Vermella de Malta.

Así mesmo, foron recibidos polo ministro de Igualdade, Investigación, Innovación e Coordinación da Estratexia post covid-19, Owen Bonnici, que explicou o sistema que desenvolve o país para dar resposta á inmigración. O alcalde, José Manuel López Varela, departiu con el e convidoulle a coñecer o Concello da Laracha e visitar Galicia durante o Xacobeo.

Xornada do sábado 2 de outubro

Na xornada de mañá o programa prevé visitas de tipo cultural durante a mañá. Pola tarde, encontros no municipio de Malsa co seu alcalde, Josef Azzopardi, incluíndo testemuñas de inmigrantes integrados nesa localidade.

O proxecto Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración é financiado integramente pola Unión Europea no marco do programa Europe for Citizens. Os últimos eventos serán en Croacia a finais de novembro e en Venecia a principios do ano 2022.

Representantes das entidades participantes do encontro en Malta
Tags: culturaempleolaracha noticias
⬅ Noticia Anterior

Ambigüo en la sala Filomatic el 2 de octubre

Siguiente Noticia ➡️

Comunicado do Concello sobre usos das instalacións do campo de fútbol municipal da Laracha

Siguiente Noticia ➡️
4 de novembro subvencións

Comunicado do Concello sobre usos das instalacións do campo de fútbol municipal da Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil