Nos próximos días crearase en Paiosaco o quinto equipamento biosaudable no termo municipal
O Concello vén de completar a renovación dos aparellos do parque biosaudable de Caión dispoñible no paseo marítimo á altura da zona da Insua. Nos próximos días Paiosaco tamén contará co seu propio parque destas características na zona da Porta Santa. Nunha parcela de titularidade municipal moi próxima ao centro sociocultural da vila.
Deste xeito o Concello da Laracha apostará por continuar ofrecendo aos veciños novas posibilidades de ocio. E, ao mesmo tempo, fomenta a realización de actividades físicas beneficiosas para a saúde dos usuarios.
Quinto circuito
O de Paiosaco será o quinto circuíto biosaudable co que contará o Concello da Laracha. Ademais do de Caión, os outros que están actualmente a disposición na área recreativa de Gabenlle, no parque Maximino Canedo (ambos na Laracha) e na urbanización Monte Claro (Cabovilaño).
Os obxectivos fundamentais da presenza dos parques son influír positivamente sobre as persoas maiores para conseguir cambios efectivos nos seus hábitos de vida. Tamén, evitar o deterioro psicomotor coa práctica de actividade física e, entre outros, ampliar a oferta de instalacións deportivas que existe no termo municipal.