Icono del sitio El Diario de A Laracha

A Laracha poderá contar cunha nova farmacia

nova farmacia en A Laracha no próximo concurso público

Reunión hoxe: A Laracha poderá ter unha quinta oficina de farmacia

O conselleiro de Sanidade comunica ao alcalde que o concello cumpre os requisitos para sumar unha oficina de farmacia

No momento actual o Concello da Laracha cumpre todos os requisitos para contar cunha nova farmacia. A mesma, será incluída no próximo concurso público para súa adxudicación sempre e cando dita circunstancia se manteña nese momento. Así o comunicó Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade da Xunta, quen mativo hoxe unha reunión co alcalde José Manuel López Varela. Estiveron presentes tamén, o secretario xeral técnico Alberto Fuentes, e a concelleira de Sanidade, Rocío López.

A solicitude do rexedor da Laracha baseouse no establecido na Lei de ordenación farmacéutica de Galicia sobre as zonas semiurbanas (nas que está encadrado o concello). Nela correspóndelle unha farmacia por cada 2.500 habitantes, agás que se supere esa proporción en 1.500 habitantes, suposto no que poderá establecerse unha nova oficina sempre que se constante un incremento neto poboacional nos últimos cinco anos.

A día de hoxe hai catro farmacias no termo municipal da Laracha para unha poboación que supera os 11.500 habitantes. Polo tanto, xa se cumpre dito requisito, motivo polo cal o alcalde transmitiu á Consellería de Sanidade a petición formal que agora foi confirmada.

O consellerio Julio Comesaña; o alcalde José Manuel López Varela; Alberto Fuentes, secretario xeral técnico e a concelleira Rocío López
Salir de la versión móvil