Desde o CoFiGa lembran que a Fisioterapia non se realiza sólo en centros sanitarios. As persoas en situación de dependencia, para que poidan continuar co seu tratamento, poden optar a este tratamento.
Ademais desde o CoFiGa lembran que a Fisioterapia non se realiza sólo en centros sanitarios: clínicas, hospitais, centros de saúde… Taménse realiza no domicilio do paciente, mantendo a calidade do servizo e adaptándose á rutina do usuario.
Así tanto pacientes dependentes como persoas con problemas de mobilidade ou con incompatibilidade horaria poden acceder ao servizo de Fisioterapia a domicilio como alternativa.
“Os perfís dos pacientes que demandan este servizo son moi diversos e con diferentes patoloxías. Trátase xeralmente de persoas con problemas respiratorios, reumatolóxicos, neurolóxicos, cardiocirculatorios ou musculoesqueléticos”, especifican desde o CoFiGa.
A Fisioterapia a domicilio tamén está indicada para pacientes que están a esperar unha cirurxía. Esta posiblidade axuda a manter a súa funcionalidade e afrontar a situación.
Tamén desde o CoFiGa incídese en que a cidadanía descoñece en gran medida a posibilidade de solicitar un fisioterapeuta no seu fogar.Tamén descoñece cales son os requisitos para gozar deste servizo, que non se realiza só en centros sanitarios como clínicas, hospitais ou centros de saúde.
E lembra que a Fisioterapia na contorna domiciliaria ten as mesmas garantías a condición de que o profesional coñeza a contorna onde vive o paciente para poder pautar os exercicios e que a recuperación sexa real e efectiva.
Obxectivos do CoFiGa
CoFiGa é unha institución que na actualidade representa a nivel autonómico aos máis de 2.600 fisioterapeutas que exercen na nosa comunidade.
Os seus obxectivos son a salvaguardia dos principios deontolóxicos e ético-sociais da Fisioterapia, a defensa e a promoción da saúde e o benestar dos cidadáns de Galicia en colaboración cos poderes públicos.
Tamén a promoción a nivel científico, cultural, económico e social dos fisioterapeutas colexiados.