A excursión realizarase do 17 ao 21 de outubro e a inscrición debe formalizarse ata o luns 10 no departamento de Servizos Sociais
O Concello da Laracha organiza unha nova excursión dirixida a persoas maiores de 60 anos de idade, xubiladas e pensionistas que contempla nesta ocasión visitas a diferentes localidades de Navarra e La Rioja. A proposta ofrecerlle a ese colectivo unha saída cultural e recreativa para o aproveitamento do seu tempo libre. Recentemente a proposta foi viaxar a Viveiro e Foz.
A viaxe realizarase entre o 17 e o 21 de outubro. No primeiro día o autobús partirá ás 7:00 horas desde a Praza do Concello, sendo o punto de destino a localidade rioxana de Alfaro, lugar no que se aloxarán durante a excursión.
- Martes 18: están previstas visitas ao Parque Natural das Bardenas Reales, lugar no que se rodaron escenas da serie Juego de Tronos, e a Tudela, a capital da ribeira navarra
- Mércores 19: faranse visitas guiadas pola cidade de Pamplona e no Castelo de Olite
- Xoves 20: os destinos serán Logroño e Laguardia, localidade de La Rioja Alavesa na que visitarán unha bodega subterránea
- Venres 21: será a viaxe de regreso
Inscrición ata o luns 10 de outubro
Por persoa en habitación dobre (hotel de tres estrelas), réxime de pensión completa (almorzo, comida e cea) e incluíndo todas as visitas guiadas, entradas e seguro de viaxe é de 330 euros. Suplemento para os que escollan habitacións individuais: 80 euros. O Concello financiará integramente o custe do transporte en autobús.
Aqueles que cumpran os requisitos e desexen realizar a excursión deben anotarse no departamento de Servizos Sociais (edificio administrativo da Laracha). Fecha: ata o luns 10 de outubro). Hai cincuenta prazas dispoñibles. No caso de que o número de inscritos fose superior, realizaríase un sorteo o martes ás 11:00 horas no Salón de Plenos do Concello.
