jueves, mayo 22, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Salud

A Laracha mantense á cabeza en doazón de sangue

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
julio 21, 2021
in Salud
0
campaña donación de sangue en Laracha

Presentación da campaña de verán de doazón de sangue na Laracha

0
COMPARTIDA
52
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O alcalde e a directora de ADOS presentaron a campaña de verán de doazón de sangue

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), Marisa López, presentaron onte no Concello a campaña de verán de doazón de sangue.

Segundo os datos achegados por ADOS, A Laracha é o concello de Bergantiños que presenta unha maior taxa de doazón. Conta con 45 por cada mil habitantes en 2020, superando en dez puntos a media comarcal e en dezaseis a media galega. Como dato global, no ano pasado realizáronse 508 doazóns nas unidades móbiles desprazadas ao termo municipal da Laracha.

A directora de ADOS afirmou que “Galicia está no terceiro posto estatal en taxa de doazón de sangue, soamente por detrás de Estremadura e Castela e León”. Sen embargo, apuntou a dificultade do verán con respecto a outros momentos do ano. “É unha época na que se rompen os hábitos, pero a pesar diso nós temos que continuar garantindo o abastecemento nos hospitais”. Por ese motivo recalcou a importancia desta campaña, agradecendo a solidariedade da cidadanía e o “apoio incondicional do alcalde”.

De cara o futuro, sinalou que o reto será “achegarse á xente nova”. Neste ano foi máis complicado debido á menor presenza de estudantes nas universidades por causa da situación sanitaria». Tamén apuntou que os grupos sanguíneos que presentan un menor volume de reservas e, por tanto, unha maior necesidade de doazóns no momento actual son os 0+, 0- e B+.

«Xesto altruísta da veciñanza»

Na oportunidade, o alcalde valorou “o xesto altruísta da veciñanza”. O rexedor considera que “para as diferentes administracións ten que ser unha obriga colaborar nestas campañas promovidas por ADOS para, entre todos, axudar a salvar vidas”.

Por iso López Varela concluíu facendo un chamamento á cidadanía para participar na campaña de verán. Se trata dun acto “plenamente seguro”, dixo. A unidade móbil de ADOS está hoxe na Praza do Concello de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Regresará xusto dentro dun mes, os días 20 e 21 de agosto. A finais de agosto está previsto que tamén se desprace ata Paiosaco e Caión. Pódese reservar cita previa para realizar a doazón na hora máis conveniente chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), Marisa López
Tags: Concello de LarachaGaliciasociedad
⬅ Noticia Anterior

Abrese o prazo de inscripción no programa de voluntariado

Siguiente Noticia ➡️

Novo regulamento municipal de venda ambulante

Siguiente Noticia ➡️
venda ambulante feira Paiosaco

Novo regulamento municipal de venda ambulante

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil