jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Salud

Cribado para a detección da covid na Laracha

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
febrero 2, 2021
in Salud
0
situación epidemiolóxica por coronavirus en Concello Laracha

Cribado masivo na Laracha

0
COMPARTIDA
170
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Sergas realizará o cribado a larachenses de entre 15 e 65 anos con recollida das mostras entre o xoves e o sábado no parque empresarial

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realizará á poboación larachesa un cribado masivo mediante test de saliva para a detección do coronavirus. Serán citados vía mensaxe de texto (SMS) os 5.453 cidadáns de idades comprendidas entre os 15 e os 65 anos con tarxeta sanitaria activa no centro de saúde da Laracha (incluído o consultorio de Caión), cun teléfono móbil asociado a ela, que non tivesen unha PCR positiva nos últimos tres meses e que non sexan persoal de residencias.

O sistema de recollida das mostras desenvolverase entre o xoves e o sábado no polígono industrial da Laracha. En concreto no aparcamento situado na parte posterior do viveiro de empresas. Ese foi o lugar escollido polo Concello da Laracha e o Sergas. O espazo é considerando tanto pola súa amplitude, que permite o traballo simultáneo de seis equipos e o establecemento de circuítos para que a entrada e saída dos vehículos sexa o máis fluída posible. Tamén queda a disposición do Sergas o propio edificio do viveiro de empresas, necesario para a xestión da loxística durante esas xornadas.

Cita previa por SMS

As persoas que sexan citadas para o cribado deberán acudir dúas veces. A primeira para a recollida dos botes e a segunda, para a entrega das mostras. En ambos casos poderá presentarse un único membro da unidade familiar. Sempre e cando achegue os datos da tarxeta sanitaria e o número de teléfono de cada unha das persoas que foran citadas.

A franxa horaria da citación para a recollida dos botes será o xoves e o venres entre as 8:30 e as 19:30 horas. A entrega das mostras será ben o venres nese mesmo horario ou ben o sábado ata as 14:30 horas. Solicítase á cidadanía que se respecten os horarios asignados para facilitar o labor do persoal do Sergas.

Profesorado dos centros de ensino

Tras terse diagnosticado casos positivos por covid-19 no alumnado dos centros de ensino do termo municipal, o Concello solicitou que o profesorado tamén sexa citado para o cribado con independencia do seu lugar de residencia, o que foi aceptado polo Sergas. VER ACCESO AO PARQUE EMPRESARIAL NA FOTO DE DEBAIXO

Acceso ao parque empresarial na Laracha
Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachasociedad
⬅ Noticia Anterior

Emprego A Laracha VI, en marcha

Siguiente Noticia ➡️

Novos xogos na escola infantil

Siguiente Noticia ➡️
escola infantil A Galiña Azul

Novos xogos na escola infantil

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil