Icono del sitio El Diario de A Laracha

Axudas para financiar o servizo de atención temperá ata 2024

novas instalaciones para atención temperá no concello da laracha

Foto arquivo. O Alcalde nas novas instalacións para o servizo de atención temperá na Laracha

Actualmente son usuarios deste servizo 43 nenos da Laracha

Na Xunta de Goberno Local celebrada onte acordouse concorrer á convocatoria de subvencións da Consellería de Política Social e Xuventude para a prestación do servizo no marco da Rede galega de atención temperá.

O Concello da Laracha pretende continuar cofinanciando ata finais do ano 2024 este servizo que está en marcha na actualidade. Consiste nun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil (0 a 6 anos), á súa familia e ao seu contorno. Ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades que poidan presentar os nenos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. A clave é poder detectar esas dificultades o antes posible para obter os mellores resultados da atención profesional para un óptimo proceso evolutivo.

O programa de atención temperá da Laracha conta con catro profesionais: logopeda, terapeuta ocupacional, psicólogo e fisioterapeuta. Préstase nas instalacións do edificio de servizos múltiples. No momento actual son 43 os usuarios, dos cales 30 son nenos e 13 son nenas.

Licencias urbanísticas

Na Xunta de Goberno Local tamén foron concedidas tres licencias urbanísticas, unha das cales é para a construción dunha vivenda unifamiliar en Paiosaco.

Salir de la versión móvil