sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Salud

1,8 millóns de euros para mellorar a rede de auga do municipio

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
septiembre 22, 2021
in Salud
0
o importa total da obra na Laracha é de 1,8 millóns de euros

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, asinarán un convenio de colaboración para a execución de actuacións de mellora da rede de abastecemento do municipio por 1,8 millóns de euros foto xoán crespo 21/09/2021

0
COMPARTIDA
49
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

A Xunta de Galicia e A Laracha firmaron onte o convenio para comenzar as obras no municipio

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde da Laracha, José Manuel López, asinaron o convenio para a mellora da rede de abastecemento do municipio por un investimento de 1,8 millóns de euros.

O acordo recolle a execución, nesta primeira fase, das infraestruturas hidráulicas prioritarias para facer fronte á demanda de auga no municipio en época estival. Tamén, dar servizo no futuro ao parque empresarial.

A Xunta apoiará ao Concello no desenvolvemento das súas competencias municipais cofinanciando a actuación nun 80%, coa achega de 1,480 millóns. As obras serán financiadas pola Unión Europea, no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Augas de Galicia tamén levará a cabo a contratación da execución, dirección e xestión das obras ata completar a súa finalización.

Pola súa banda, o Concello da Laracha contribuirá ao financiamento do 20%, cun investimento de 370.000 euros. Ademáis, comprometéndose a:

  • someter o proxecto das obras a información pública
  • poñer a disposición os terreos necesarios para levar a cabo as actuacións
  • realizar as xestións pertinentes para posibilitar a súa execución
  • recepcionar o mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo

Actuacións a executar

O abastecemento do concello da Laracha presenta importantes déficits derivados, fundamentalmente, da falta de presión de auga nalgunhas zonas e da falta de capacidade de almacenamento para facer fronte ás demandas de auga en época estival. Ademais, no futuro, desde a estación de tratamento de auga potable abastecerase ao parque empresarial da Laracha, o que fai que a actual infraestrutura hidráulica precise dunha ampliación.

Deste xeito, as actuacións obxecto do convenio asinado hoxe por 1,8 millóns, concéntranse, nesta primeira fase, na ampliación da estación de tratamento de auga potable, na construción dun novo bombeo e dun novo depósito de auga potable, que mellore o funcionamento da rede de abastecemento deste concello.

Mellora da rede de abastecemento do municipio. foto xoán crespo 21/09/2021
Tags: Concello de LarachaobrasXunta de Galicia
⬅ Noticia Anterior

O Pleno votará a proposta de transformar a avenida López Astray

Siguiente Noticia ➡️

Abel Ponte volve a destacar na primeira xornada de billarda

Siguiente Noticia ➡️
primerira xornada de liga de billarda

Abel Ponte volve a destacar na primeira xornada de billarda

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil