Calquera cidadán pode sumarse a esta xornada o domingo 26 de setembro anotándose previamente
O Concello da Laracha formará parte da XIV edición da xornada de limpeza simultánea “Móllate polos ríos” na que participan 51 concellos de toda Galicia. A convocatoria está organizada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) no marco do Proxecto ríos. Consistirá na limpeza simultánea de espazos fluviais en diferentes municipios galegos que se levará a cabo na xornada do domingo 26 de setembro. Responsables de ADEGA estiveron no Concello para detallar aos mozos voluntarios que xa están inscritos, o desenvolvemento desa xornada de traballo no río.
Calquera cidadán pode sumarse a esta iniciativa e colaborar na limpeza do río Vilán que discorre pola parroquia de Cabovilano. Para facelo é preciso anotarse chamando ao 981 605001. Tamén, enviando un correo electrónico cos datos persoas a cultura@alaracha.gal